A medida que escomenzo estas liñas, decátome que estou a porlle un final a unha parte da miña vida adicada a cumprir un soño de cando neno. Ao leder que remata-la miña tese prodúceme, xúntase nestes intres un certo sabor agridoce, un certo pesar de deixar atrás uns anos especiais, cheos de ilusións. De súpeto empezo a me sentir un pouco máis vello.

Non podo dar por rematada esta tese se agradecérllelo antes a tódalas persoas que, a cotío, veñen de acompañarme nesta aventura científica que os máis atrevidos chaman investigación. Todos eles forman dalgún xeito parte do meu soño (ou pesadelo, aínda non o teño moi claro) dunha vocación que naceu cando a mín. ¡Eu de pequeno quería ser piloto!

Foron moitos e moitas os e as que día a días impuxeron nesta tese parte da súa vida a través da miña propia. Porén quero agredecerlle:

A miña nai Marisa, sinxelamente por seres nai en tódolos intres da miña vida.

A Laura, que compartiu comigo apuntes, cafés, suspensos… os bos e os malos momentos, e hoxe en día, a nosa vida en común e dúas preciosas fillas. O seu apoio constante é unha proba da súa benquerenza cara min.

O meu irmá Pedro po terme aprendido, cando xa o esquencera, que as noites non só están feitas para durmir, amosándome as bondades das noites de troula e carallada.

A José Rodriguez Otero por seres capaz de meterme nos miolos as “matrices Z” pero sobre todo por compartires unha amistade increbantábel. E a súa dona Marisa, por termos aturado os dous en noites de boas ceas, discusións políticas, revolucións de tapete e xornadas de fotografía. ¡Se xa é difícil de aturar o seu home, imaxinádevos dous iguais!

Ao “Cirolas”, “Cirolitas”, David, María e  o “Cascarino”, Fernando, Pilar, Jaime e Cristina, por terme arrincado a miña asignación mensual en interminábeis partidas de Pocha e botellas de licor café.

O meu finado pai Javier, que estou certo que comparte a miña ledicia e orgullo persoal aló onde se atope agora.

[Bertamiráns, decembro 1997]

 

Esta é a adicatoria que figura na miña tese doutoral e coa que pechei a miña estapa de tunante (estudante) compostelano. Permítome, 20 anos despois, introducir unha axeitada modificación. Daquela somentes tiña unha filla recén nada. Hoxe teño dúas e ámbalas son “las niñas de mis ojos”.